María José Rodríguez (Ourense), axente de Publicidade titulada, Técnica en Márketing, Diplomada en Relacións Públicas e Protocolo, e Máster en Dirección Comercial e Márketing pola Escola Superior de Negocios Caixanova (agora Afundación).
A súa ampla traxectoria profesional divídese, por unha banda, en traballos como formadora de cursos da súa área de especialización en Cámaras de Comercio, Asociacións de Empresarios, Concellos, IFES (Instituto de Formación e Estudios Sociais), institutos universitarios, etc. Ademais de traballar no Departamento de Publicidade de Radio Pontevedra, foi locutora dun programa deportivo en Antena 3 Radio na devandita localidade, e Directora da Axencia de Publicidade Trazos en Pontevedra, desenvolvendo campañas importantes en toda Galicia para empresas importantes como Clesa (Lácteas del Atlantico), Concello de Pontevedra, Celulosas e Deputación Provincial, entre outros.

Aparecen citas da súa actividade profesional en “Quen é quen na Galicia do 2000”, figura no número 52, letra R, no Correo Galego 1993, “Quen é quen” na revista de xaneiro, Economía Galega, 1991, entrevista no apartado “Quen é quen” a Voz de Galicia, 1990.
Neste momento, desenvolve actividades comerciais e publica a súa primeira novela curta Por Amor a Ti, Meu Fillo.

Livros publicados na Âncora Editora

Por Amor a Ti, Meu Fillo (3.ª edición)